xoves, 15 de setembro de 2016

Que ninguén queira ordenarme os libros que debo ler

Cantares
Que ninguén queira ensinarme
onde hei de buscar a flol
como hei de beber o viño,
cando hei de tomar o sol.
Que ninguén queira ordenarme
as preces que hei de rezar,
os libros que debo ler,
os vítores que hei de dar.
O que sei seino de abondo
dende o comenzo até o fin.
Sei do día, sei da noite,
sei da historia que vivín.
Na vella sabiduría
do meu sangue, aprendín
que a morte lévoa comigo
dende o día que nacín.
Que ninguén
sabe ren
da alma de cadaquén.
 CELSO EMILIO FERREIRO Onde o mundo se chama Celanova 1975